Lugné-Poe, Aurélien Marie

Lugné-Poe, Aurélien Marie

Actor e director estadounidense. Formouse no Conservatorio de París e nas compañías Théâtre Libre e Théâtre d’Art. En 1893 creou a compañía Théâtre de l’Oeuvre, coa que dirixiu diversos espectáculos e coa que presentou Ubu Roi (1896), sobre o texto de Alfred Jarry, que supuxo unha renovación na escena europea de principios do s XX, e O cornudo magnífico (1920), sobre o texto de Crommelynck. Participou tamén en La Dame aux camélias (1934) e Chipée (1937).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : San Francisco, California

  • Deceso

    Lugar : Avignon