Lugo, San Pedro de

Lugo, San Pedro de

Igrexa parroquial situada en Lugo. Pertenceu ao antigo convento de San Francisco, instalado no interior do recinto amurallado no s XV. De estilo gótico, ten nave única, planta de cruz latina e tres ábsidas poligonais. Sufriu danos por causa dun incendio no s XVII e trala invasión napoleónica. Foi restaurada e na fachada destaca a gran portada oxival, a fiestra do corpo superior e a torre do campanario de planta cadrada. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1931.