Lugrís Freire, Manuel
Poeta, ensaísta e dramaturgo. Foi un dos principais animadores da política e da cultura galegas de principios do s XX. En 1885 fundou en La Habana A gaita gallega, o primeiro periódico americano redactado en lingua galega. En 1916 participou na Irmandade da Fala da Coruña, foi membro do Seminario de Estudos Galegos e foi cofundador e presidente (1934-1935) da Real Academia Galega e do sindicato Solidaridad Gallega. Como membro do consello executivo do Partido Galeguista, formou parte da comisión redactora dos estatutos da organización e do anteproxecto do Estatuto de Autonomía (1932). Participou tamén na posta en marcha da Escuela Regional Gallega de Declamación, a primeira compañía teatral en lingua galega, coa que estreou algunhas das súas pezas máis destacadas. Da súa produción destacan Soidades (1894), Noitebras (1901), Versos de loita (1919), Ardencias (1927) e As Mariñas de Sada (1928). Como dramaturgo é autor de dramas rurais como A Ponte (1903), Minia (1904), Mareiras (1904) e Esclavitú (1906), e de comedias como O pazo (1917) e Estadeíña (1919). Como ensaísta destaca o seu discurso de ingreso no Seminario de Estudos Galegos sobre Eduardo Pondal e Gramática do idioma galego (1922).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Sada -
Deceso
Lugar : A Coruña