Luís XV de Francia o Ben Amado
Rei de Francia (1715-1774), neto e sucesor de Luís XIV. Na súa minoría de idade, o duque Filipe de Orléans exerceu a rexencia (1715-1723). Tralo seu matrimonio con María Leszczy’nska, filla do Rei Estanislao I de Polonia (1723), nomeou primeiro ministro o cardeal Fleury (1726-1743), que mantivo a estabilidade interior e acadou unha mellora na economía, pero levou a Francia a participar na Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1735). Á morte de Fleury, o monarca controlou a xestión dos ministerios e apoiouse na marquesa de Pompadour e na condesa Du Barry, que exerceron como mecenas e protectoras de artistas e pensadores. Mantivo enfrontamentos co Parlamento, que pretendeu limitar o poder do monarca, mentres que as clases privilexiadas rexeitaron os intentos de reforma fiscal. Despois da Guerra de Sucesión de Austria (1740-1748), asinou o Tratado de Fontainebleau con España, referendado no Tratado de París (1763). Durante o goberno do duque de Choiseul (1758-1770) acadouse o equilibrio nas finanzas do Estado, pero a oposición das clases privilexiadas á reforma fiscal prolongou a crise. O incremento nos problemas relixiosos e políticos marcaron os últimos anos do reinado, mentres un novo equipo de ministros, formado por Maupeou, Terray e D´Aiguillon, tentou emprender unha política reformista e ilustrada desde 1770.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Versailles -
Deceso