Luís XVI de Francia
Rei de Francia (1774-1792), neto e sucesor de Luís XV. Casou con María Antonieta, filla da Emperatriz María Tareixa I de Austria. O comezo do seu reinado caracterizouse polo afán reformista, nomeou sucesivamente a Turgot e Necker ministros de Facenda. Os seus esforzos para reducir o déficit público e introducir reformas financeiras fracasaron pola resistencia dos privilexiados. A indecisión do monarca propiciou unha reacción autoritaria, que se enfrontou coas reclamacións das asembleas provinciais e o levou a convocar os Estados Xerais (1789). Nos primeiros momentos conviviu co réxime constitucional, pero trala Toma da Bastilla (1789) buscou apoio nas Cortes europeas e tentou fuxir da Convención Nacional, pero foi recoñecido na fuxida de Varennes (1791). A partir deste momento permaneceu prisioneiro e viu limitados os seus poderes, pero mantívose como símbolo da orde. O seu apoio a diversas intrigas contrarrevolucionarias e ao Manifesto de Brunswick (1792), realizado polos invasores autríacos e os prusianos, presentárono como un traidor á Revolución e ao seu país. Destronado e aprisioado, morreu guillotinado.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Versailles -
Deceso
Lugar : París