Lukács, György

Lukács, György

Filósofo marxista e crítico literario húngaro. Participou na Revolución Húngara de 1919 e foi comisario de Instrución Pública no goberno de Béla Kun. Trala súa caída exiliouse en Viena e publicou Geschichte und Klassenbewusstsein (Historia e conciencia de clase, 1923), intento de aproximación ao auténtico pensamento de Marx, cun certo antileninismo, do que se retractou en Lenin (1924), e manifestou un idealismo elitista, criticando a burocracia do partido e o sectarismo. Combateu filosoficamente a comprensión mecanicista da dialéctica e estudiou as relacións coa economía en Uber die Biziehungen von Dialektik und Ökonomie (Relacións entre a dialéctica e a economía, 1948) e Der junge Hegel und die Probleme der kapitalistischen Gesellschaft (O mozo Hegel e os problemas da sociedade capitalista, 1954). Tratou sobre o existencialismo e elaborou unha ontoloxía do ser social, ademais de facer importantes achegas ao campo da estética e da literatura en obras como A modern dráma fejlödésének története (Evolución histórica do teatro moderno, 1911), Die Seele und die Formen (A ánima e as formas, 1911), Die Theorie des Romans (Teoría das novelas,1920), Irodalom és demokrácia (Literatura e democracia, 1947), Goethe und seine Zeit (Goethe e o seu tempo, 1947) e Beiträge zur Geschichte der Ästhetik (Achegas sobre a historia da estética, 1954).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Budapest

  • Deceso