Lumière, Auguste

Lumière, Auguste

Biólogo e industrial francés. Co seu irmán Louis Lumière (Besançon 5.10.1864 - Bandol, Provenza 6.6.1948), químico e industrial francés, foi o inventor do cinematógrafo. Os aparatos de filmación e de proxección construídos polos Lumière melloraron os sistemas usados ata entón para conseguir a captación sucesiva de imaxes sobre película fotográfica e a posterior visión con sensación de movemento. A primeira proxección (1894), foi de carácter privado e, ao ano seguinte, tivo lugar a primeira sesión pública, no Grand Café de París. Os primeiros filmes realizados por Louis eran simples fragmentos da vida cotiá, como La sortie des ouvriers de l’usine Lumière (1895) e   L’arrivée d’un train a la Ciotat (1895). De contado as producións volvéronse recreacións inxenuas da realidade, como La charcuterie mécanique (1985), Chapeaux à transformation (1985) e L’ arroseur arrosé (1985).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Besançon

  • Deceso

    Lugar : Lyon