luminancia

luminancia
  1. s f [FÍS/IND]

    Cociente, dados un punto dunha superficie e unha dirección determinada, entre a intensidade luminosa emitida nesta dirección por un elemento infinitamente pequeno da superficie ao redor de dito punto e a área deste elemento proxectada ortogonalmente sobre un plano perpendicular á dirección dada. A unidade do SI de luminancia é o nit, aínda que tamén se emprega o stilb, o lambert ou o apostilb. É a magnitude fotométrica correspondente á luminosidade.

  2. s f [COMUN]

    Magnitude relativa á luminosidade ou brillantez de cada un dos puntos da imaxe. O sinal de luminancia constitúe a única información da imaxe que se transmite nos sistemas en branco e negro, mentres que nos de televisión en cores son transmitidos, ademais, dous sinais de crominancia que corresponden á cor.

Palabras veciñas

Lumieira | Lumière, Auguste | luminal | luminancia | luminaria | luminescencia | luminescente