Lumumba, Patrice Emery
Lumumba, Patrice Emery
Político congolés. Participou na loita pola independencia do Congo Belga e axudou á formación dun estado libre, unitario e progresista. Nomeado primeiro ministro pouco antes da independencia, o 30 de xuño de 1960, tivo que afrontar a secesión de Katanga e Kasai. Durante a guerra civil pediu axuda á ONU e esforzouse por conservar a unidade e a democracia nacionais, pero foi destituído, apresado e asasinado, seguramente polas forzas de Moïse Tshombé.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Katako Kombe, Kasai -
Deceso
Lugar : Elisabethville, Katanga