Luna

Luna
[COSMON]

Serie de satélites artificiais e sondas lunares de características e misións moi diversas, lanzados por URSS a partir de 1963 para o estudo da superficie da Lúa. A serie Luna constitúe a continuación das de Lunik e seguindo a numeración, comezando polo Luna 4. Algunhas sondas foron dotadas de vehículos teledirixidos para recorrer a superficie lunar e outras tiñan capacidade de retornar á Terra con mostras do solo.