lúo

lúo
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos lúo ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo lúo.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo de África oriental procedente do S do Nilo que iniciou unha migración cara ao S a comezos s XIV á procura de novas terras para o seu gando. Instaláronse definitivamente na rexión no s XVII e dedicáronse á cría de gando do que obtiñan o necesario para a súa alimentación. É unha das etnias máis importantes numericamente de Kenya e habitan nas beiras do lago Vic22toria. A maioría son cristiáns.

  4. s m [LING]

    Lingua do grupo nilótico do phylum nilo-sahariano que fala o pobo lúo.

Palabras veciñas

lunisolar | luns | lúnula | lúo | Luou | Luoyang Loyang | lupa