lupulina
lupulina
(
-
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea, anual ou perenne, pubescente, que presenta talos dereitos ou tendidos, follas trifoliadas, con folíolos obovados, finamente dentados na metade superior, con nervios que terminan nos dentes. Presenta estípulas unidas ao pecíolo, lanceoladas, acuminadas, semicordadas na base e máis ou menos dentadas. As flores son de cor amarela dispostas en acios e o froito en legume enrolada en espiral con semente negra. Habita campos, prados e foxos de toda Europa. Ás veces utilízase como forraxe.
-
s
f
[BIOQ]
Substancia alcaloide que se obtén do lúpulo.