lupus
(
-
s
m
[PAT]
Designación antiga de calquera enfermidade da pel, de evolución crónica e progresiva, habitualmente ulcerosa.
-
lupus discoide
[PAT]
Enfermidade autoinmune de causa descoñecida, que se caracteriza pola aparición de placas córneas avermelladas na pel, que posteriormente deixa áreas da pel atróficas. Un 10% dos casos leva a un lupus eritematoso sistémico.
-
lupus eritematoso sistémico/diseminal
[PAT]
Colaxenose crónica, considerada una alteración do sistema inmunitario, que, por causas descoñecidas, se volve hiperactivo producindo cantidades importantes de anticorpos anormais que reaccionan cos tecidos do propio paciente. Crese que no seu desenvolvemento xoga un papel importante a herencia, o entorno e certos cambios hormonais. Pode afectar a calquera órgano ou sistema orgánico e os seus síntomas son moi diversos. A afectación da pel pode manifestarse por un eritema das rexións malares da cara, a miúdo en forma de ás de bolboreta, ou por lupus discoide. Afecta, especialmente, a individuos de raza negra e a unha porcentaxe importante da poboación feminina.
-
lupus pernio de Besnier
[PAT]
Sarcoidose cutánea que afecta ao extremo do nariz e aos lóbulos das orellas con lesións violáceas. Asóciase coa fibrose pulmonar, afectacións do tracto respiratorio e quistes óseos.
-
lupus vulgar
[PAT]
Infección da pel producida polo bacilo da tuberculose. Maniféstase con nódulos avermellados de crecemento lento, que tenden a ulcerarse e a deixar cicatrices prominentes.