luteinizante, hormona

luteinizante, hormona
Nome científico: [LH]
[BIOQ]

Hormona gonadotrópica sintetizada e segregada polo lóbulo anterior da hipófise que favorece a maduración do folículo, a ovulación, o desenvolvemento do corpo lúteo ou amarelo e a secreción de estróxenos e de proxesterona polo ovario. A hormona equivalente no home estimula a secreción de testosterona por parte das células intersticiais do testículo ou células de Leydig.

Palabras veciñas

luteína | luteínico -ca | luteinización | luteinizante, hormona | lúteo -a | luteranismo | luterano -na