Luxemburg, Rosa
Luxemburg, Rosa
Dirixente revolucionaria e teórica marxista. Militante marxista desde 1888, defendeu a folga xeral política como lección da experiencia rusa de 1905 e afirmou que a revolución proletaria non podía deterse na etapa burguesa. En Sozialreform oder Revolution? (Reforma social ou revolución?, 1899) combateu as teses de Bernstein, retomando a análise económica en Die Akkumulation des Kapitals (A acumulación do capital, 1913), importante estudo da fase imperialista. Xunto con K. Liebknecht, C. Zetkin e o seu compañeiro L. Jogiches fundou o Spartakusbund, núcleo do Partido Comunista Alemán en 1919. Nese mesmo ano interveu na insurrección de Berlín. Detida, foi executada xunto con K. Liebknecht.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Zamo&# -
Deceso
Lugar : Berlín