Lyonnais
Lyonnais
Rexión histórica de Francia sudoriental que limitaba ao N e ao NL con Borgoña, ao SL co Delfinado, ao O con Auvernia e ao S con Languedoc. Comprende os departamentos de Loire e Rhône e unha parte dos de Ain e Haute Loire. A capital e o principal núcleo urbano é Lyon.