mamelón

mamelón

(< fr mamelon ‘mamila’)

  1. s m [BIOL]

    Protuberancia da pel ou das mucosas, de forma arredondada e de cor vermella, especialmente a que se forma nas feridas cando cicatrizan.

  2. s m [XEOL]

    Concreción mineral que presenta unha forma arredondada.

  3. s m [TECNOL]

    Pivote que encaixa nunha peza que sobresae un pouco da súa superficie.

Palabras veciñas

mamela | mamelar | mamelo | mamelón | mamelonado -da | mameluco -ca | mamertino -na