Maó

Maó

Municipio de Menorca, Illes Balears, situado no extremo oriental da illa (23.315 h [2001]). As terras de cultivo destínanse predominantemente a forraxe para o gando bovino, orientado á produción leiteira. A xoiería de fantasía é a principal actividade industrial, seguida da construción.