maoísmo

maoísmo

(< antropónimo Mao Zedong)

s m [HIST/POLÍT]

Conxunto de posicións teórico-prácticas establecidas por Mao Zedong. Estas concepcións quedaron patentes con motivo da controversia chinesa-soviética (1960-1964) que abriu un gran debate internacional sobre os problemas de edificación do socialismo, favorecido pola aparición da Revolución Cultural (1965). Os temas fundamentais da doutrina maoísta son o recoñecemento do pobo como forza principal da revolución e da historia, a aceptación do feito de que o proletariado ten que acadar o poder de forma violenta, e a esixencia de que a ditadura do proletariado continúe de forma prolongada ata chegar a unha sociedade sen clases, pero con garantía das liberdades políticas.

Palabras veciñas

Mao Zedong | mao, má | Mao-Tse-tung | maoísmo | maoísta | Maoming | maón