Marcelino/Marcelina
Marcelino/Marcelina
[ONOM]
Antropónimo que procede do latín Marcellinus, diminutivo de Marcellus e este de Marcus. Presenta os hipocorísticos Cheluco, Nucho, Manino (para o masculino) e Nucha e Manina (para o feminino). Destacan con este nome san Marcelino, que se celebra o 2 de xuño e santa Marcelina, que se celebra o 17 de xullo.