Marcello, Benedetto

Marcello, Benedetto

Compositor italiano. Acadou fama internacional coa súa obra mestra Estro poetico-armonico, unha colección de 50 salmos. Tamén compuxo a sátira sobre a ópera contemporánea Il teatro alla moda (1720), a pastoral Calisto in Orsa (1725) e as óperas Dorinda (1729) e Arianna. O seu irmán Alessandro Marcello (Venecia 1684-1750), foi violinista, discípulo de Tartini, e deixou música instrumental e relixiosa, unha cantata de cámara e concertos.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Venecia

  • Deceso

    Lugar : Brescia