Matilde, santa
Matilde, santa
Raíña de Xermania, esposa de Enrique I de Alemaña e nai de Odón I. Dedicouse a facer obras de caridade ata o seu retiro ao convento de Quedlimburg, que ela mesma fundara. Iconograficamente represéntase con vestidos de realeza e coroa imperial na cabeza. Como atributos leva unha maqueta dunha igrexa na man (por ser fundadora de igrexas, hospitais e mosteiros), unha bolsa con cartos para repartir cos pobres e vai cun neno ao lado, o seu fillo Odón. A súa festividade celébrase o 14 de marzo.
Cronología
-
Deceso
Lugar : Quedlimburg, Saxonia