Maximiliano de Lorch, san

Maximiliano de Lorch, san

Mártir. Foi bispo de Lorch e distribuíu os seus bens entre os pobres. Martirizárono en Estiria (283) durante as persecucións ordenadas por Numeriano. Preséntase como bispo con mitra, báculo e espada. A súa festividade celébrase o 12 de outubro.