1 medo

1 medo

(< lat metus)

  1. s m

    Sentimento de inquietude e conmoción psicofisiolóxica que se experimenta ante un perigo concreto que pode ser real ou imaxinario.

    Ex: Sentía medos nocturnos e non podía durmir.

  2. s m

    Temor que se ten a que algo poida suceder e que non sexa o esperado.

    Ex: Ten medo á reunión polo que lle poidan dicir.

Refráns

  • Coa ola que ferve ningunha mosca se atreve.
  • Cumprindo como debes, non tes por que ter medo.
  • Máis vale o medo que me tes có pan que me comes.
  • Mal ladra o can, cando ladra de medo.
  • Medo cobrado, dó dobrado.
  • Medo ten o que moito reza.
  • Non é o demo tan feo como o pinta o medo.
  • O home destemido ten medo de noite polos camiños.
  • O medo e a sospeita do pracer son enemigos.
  • O medo é grande de corpo.
  • O medo é parvo.
  • O medo garda a viña e non o que a vendima.
  • O medo garda a viña.
  • O que mal vive, o medo o persigue.
  • O que ten cu de estopa sempre pensa que llo queiman.
  • Onde non hai medo non hai vergoña.
  • Os mortos non teñen medo aos vivos.
  • Ovella farta do seu rabo se espanta.
  • Quen di que nunca tivo medo, non espabilou unha vela cos dedos.
  • Quen OS paxaros recea, millo miúdo non semea.

Palabras veciñas

Medixa | Mediz Bolio, Antonio | Medjerda | 1 medo | 2 medo -da | Medo, O | medoña