2 medo -da

2 medo -da

(< lat Medu)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Media, aos seus habitantes ou a súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Media.

  1. [ETN/HIST]
    1. adx

      Relativo ou pertencente á tribo meda.

    2. s

      Individuo da tribo meda.

    3. s m pl

      Tribo irania que poboou unha das rexións antigas de Asia e que lle deu nome. A súa orixe é escura; os anais asirios non ofrecen máis ca noticias indirectas. Herodoto fala de dous monarcas: Deioques, fundador do imperio, e Fraortes, continuador da monarquía. Durante a caída do Imperio Asirio (612 a C), os medos, dirixidos por Ciaxares, tentaron ampliar os seus territorios en dirección ao N e a Asia Menor. Posteriormente, baixo o goberno de Astiaxes (584-555 a C), caeron en poder dos persas. Con todo, exerceron unha considerable influencia étnica e cultural sobre os vencedores.

  2. s m [LING]

    Lingua irania que se falaba en Media. A súa presenza documéntase nos préstamos aparecidos en inscricións persas aqueméridas e asirias.

Palabras veciñas

Mediz Bolio, Antonio | Medjerda | 1 medo | 2 medo -da | Medo, O | medoña | Medoña, alto de