3,4-metilendioximetanfetamina

3,4-metilendioximetanfetamina
Nome científico: [MDMA]
s f [QUÍM]

Composto químico sintético, psicoactivo e de propiedades alucinóxenas. É unha droga perigosa pola súa alta adicción e polos seus efectos sobre o sistema nervioso central. Unha vez pasado o seu efecto, persisten certos trastornos psicolóxicos, como confusión, insomnio, perda de memoria, psicose e paranoia, que poden presentarse ata varias semanas despois do seu consumo. A MDMA destrúe as neuronas produtoras de serotonina e fisicamente provoca trastornos musculares, taquicardia ou visión borrosa. OBS: Tamén se denomina coloquialmente éxtase.

Palabras veciñas

2-metil-2-butanol | 2-metil-2-buteno | 2001 | 3,4-metilendioximetanfetamina | 3-aminopiridina | 391 | 40 ·