Metodio, san

Metodio, san

(Tesalónica 815 - Moravia 885?) Eclesiástico, apóstolo dos eslavos. Foi enviado, xunto co seu irmán san Cirilo, a evanxelizar a rexión do Mar Negro. Á volta, foron enviados a Moravia, onde evanxelizaron os eslavos, inventaron a escritura glagolítica, que despois se chamou cirílica, traduciron o Evanxeo ao eslavo e organizaron o clero. Iconograficamente adoita aparecer representado co seu irmán Cirilo, e visten indumentaria episcopal, xeralmente ao estilo oriental. Levan como atributo un cadro en que se representa o Xuízo Final e adoitan soster na man unha maqueta dunha igrexa ou unha cruz (propia dos evanxelizadores). A súa festividade celébrase o 14 de febreiro.

Palabras veciñas

metódico -ca | Metodio | Metodio de Olimpo, san | Metodio, san | metodismo | metodista | método