método
(< lat methōdu < grμέθοδος)
-
s
m
-
Forma de proceder para acadar un fin, razoando e seguindo unha orde.
Ex: Pensa o método que vas seguir antes de comezar a investigación.
-
Conxunto ordenado de exercicios ou regras para ensinar ou aprender algo.
Ex: Está seguindo un método para aprender portugués en quince días.
-
Maneira particular de facer algo.
Ex: Ten o seu propio método para facer apostas.
Sinónimos: procedemento.
-
-
s
m
[FILOS]
Maneira concreta de proceder, aplicar o pensamento ou levar a termo unha investigación coa finalidade de coñecer unha realidade, comprender o sentido ou o valor duns feitos determinados, interpretar correctamente os datos da experiencia ou resolver un problema ou cuestión. A formulación explícita das cuestións relativas ao método foi un fenómeno específico da época moderna. Foi decisivo o achegamento de R. Descartes no Discours de la méthode (...), obra que recollía dúas características do método aceptadas universalmente: a súa validez para ser usado por calquera e a finalidade de posibilitar o progreso do coñecemento. Xeralmente admítese que o ámbito concreto para investigar determina a estrutura do método que se debe seguir: así, cada disciplina ten uns métodos propios e singulares, aínda que houbo intentos de achar un método universal. Dos diversos métodos que existen destacan o analítico, axiomático ou formal, definitorio, dedutivo, linguístico ou semiótico, demostrativo, dialéctico, existencial, indutivo, fenomenolóxico e intuitivo ou transcendental.
-
método científico
Conxunto de operacións que, na investigación científica, intentan acadar o maior grao de obxectividade, facendo máis díficil a interpretación errónea dos feitos.