procedemento
(< 1 proceder)
- s m
-
[DER]
-
s
m
Conxunto de regras que determinan a actuación por trámites xudiciais ou administrativos con vistas á consecución dun fin.
-
s
m
Concatenación lóxica dos actos efectuados nun proceso, ben polas partes, ben polo tribunal. Nun proceso civil, a actuación da xustiza está motivada polas partes e nun proceso penal realízase ex officio por iniciativa do tribunal. O procedemento pode manifestarse oralmente ou por escrito.
-
procedemento administrativo
Conxunto de actos ou trámites a través dos que se produce a vontade administrativa para o cumprimento dun fin de interese público. Constitúe tamén unha garantía para o administrado, xa que comporta que a actuación administrativa se realiza a través duns actos formais legalmente predeterminados.
-
procedemento contencioso-administrativo
Proceso que se segue ante a xurisdición contencioso-administrativa sobre as pretensións presentadas con relación aos actos da Administración Pública suxeitos ao dereito administrativo e ás disposicións de categoría inferior á de lei.
-
procedemento de constrinximento administrativo
Procedemento de execución forzosa seguido pola autoridade administrativa para o cobro de impostos, de contribucións ou de calquera obriga pecuniaria. Consiste no embargo de bens e na súa ulterior poxa pública.
-
procedemento económico-administrativo
Procedemento para a tramitación e resolución das reclamacións sobre actos de xestión, inspección e recadación tributarias. Ante as resolucións dos órganos especiais que xestionan estas materias pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo.
-
procedemento de oficio
Obrigación que teñen os xuíces de tomar a iniciativa nalgúns asuntos civís ou criminais.
-
s
m