protocolo
(< lat tardío protocollu
-
s
m
[DER]
Conxunto de documentos públicos secretos que son incorporados cada ano, outorgados diante dun mesmo notario, con numeración estritamente correlativa e encadernados ao acabar o ano nun ou diversos volumes. As escrituras e os documentos son paxinados e, cada un dos documentos leva unha nota de apertura e outra de conclusión. Ao quedar libre unha notaría, os protocolos de máis de vinte e cinco anos e os das notarías suprimidas pasan ao arquivo de protocolos do distrito notarial.
-
s
m
Acta ou caderno de actas referentes a un congreso ou acordo diplomático.
-
s
m
[DER]
Convención internacional entre dous ou máis países, asinada polos respectivos axentes diplomáticos e ministros de Asuntos Exteriores, pero sen a notificación solemne e definitiva dun tratado.
-
s
m
Conxunto de fórmulas estilísticas, como a invocación, a intitulación ou os saúdos, propios dun diploma, previos ao contido xurídico.
-
s
m
Cerimonial diplomático ou palatino.
-
s
m
Conxunto de normas de cortesía vixentes en calquera lugar.
-
s
m
Plan ou procedemento fixado para conseguir un fin.
Ex: En caso de emerxencia existe un protocolo para a evacuación.
-
s
m
[INFORM]
Conxunto de normas e procedementos necesarios para a transmisión de datos, que deben seguir o emisor e o receptor.