Protocolos dos Sabios de Sión
Protocolos dos Sabios de Sión
Conxunto dos supostos documentos procedentes do primeiro congreso sionista de Basilea de 1897. Publicados en Rusia en 1903, nun principio foron considerados auténticos, o que permitía atribuír ao sionismo a guerra mundial, a revolución bolxevique e a crise económica. En 1921 demostrouse a súa falsidade, ao ser redactados pola policía secreta tsarista. Serviron de pretexto para os pogroms rusos e para a persecución nazi contra os xudeus.