Miro ou Mirón

Miro ou Mirón

Rei suevo de Galicia (570-583), sucesor de Teodomiro. Educado por san Martiño de Braga, convocou o II Concilio de Braga, en que foi depurada a Igrexa galaica. Loitou contra Leovixildo, que o derrotou en 576. Coa axuda de Hermenexildo asinou a paz cos visigodos. Durante o seu reinado, conseguiuse a unión dos suevos cos indíxenas e a paz interior. Coa súa morte precipitouse o final do Reino Suevo.