Maalouf, Amin

Maalouf, Amin

Escritor e xornalista libanés. Escribiu novelas que xiran ao redor da xeografía, historia e conflitos relixiosos que afectaron á cultura mediterránea. A súa narrativa mostra unha equilibrada combinación de imaxinación e realidade histórica. Destacan as súas obras Les croisades vues par les arabes (1983), Léon l’Africain (1986), Samarcanda (1988), Le premier siècle après Béatrice (1992), Rocher de Tanis (1992, Premio Goncourt 1993) e Le périple de Baldassare (2000).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Beirut