Macabeos, Libro dos

Macabeos, Libro dos
[RELIX]

Conxunto de dous libros do Antigo Testamento que forman parte do canon grego da Biblia. O primeiro libro narra as loitas de Matatías e dos seus fillos, Xudas, Ionatán e Simón, contra os reis helenistas de Siria, Antíoco IV e os seus sucesores (175-134 a C). Estas eran loitas armadas de resistencia relixiosa contra os partidarios de paganizar os xudeus e de lles impor os seus costumes helenísticos. O autor do libro foi un xudeu de Xerusalén que o escribiu cara ao ano 100 a C. O segundo libro incluíu só os feitos de Xudas Macabeo, modelo de historia patética relixiosa, que se centra no templo e na lei. O autor do libro debeu ser un xudeu alexandrino, instalado en Xerusalén que o escribiu arredor do ano 124 a C.

Palabras veciñas

Mac Taggart, John Ellis | macá | macabeo -a | Macabeos, Libro dos | macabrismo | macabro -bra | Macaca