Macau

Macau

Capital da provincia de Macau, situada na costa S de China (342.548 h [1991]). Foi construída ao estilo europeo sobre unha escarpada península. Posúe un porto para viaxeiros de pouco calado. Ten establecementos de xogo e diversión no barrio chinés. É un bispado católico.