Maceda, condado de
Título concedido polo Rei Filipe IV en 1654 ao cabaleiro de Santiago, Alonso de Lanzós e Novoa, Andrade e Soutomaior , vizconde de Laiosa. Herdou o título o seu fillo primoxénito, Bernardino de Lanzós e Andrade . O III conde foi o fillo do anterior, Antonio de Lanzós Montenegro e Soutomaior pero pasou cedo ao seu irmán Xosé Bieito de Lanzós Novoa e Andrade en tempos de Filipe V (1710). O seu fillo, Antonio Pedro Nolasco de Lanzós e Taboada , herdou o condado, pero á súa morte (1754), e sen deixar descendencia, o título pasou ao seu irmán Baltasar de Lanzós e Taboada . O VII posto sucesorio ostentouno outro irmán, Francisco Xabier e despois a última dos irmáns, María Ignacia . O seu fillo foi o IX conde de Maceda, Gonzalo Manuel de Lando e Lanzós. Os títulos que acumulou pasaron ao xeneral Baltasar Pardo de Figueroa e Sarmiento de Soutomaior . A súa irmá, Ramona Escolástica , herdou o condado ao morrer sen fillos, pero pasou a outra rama familiar de novo, a Francisco Xabier de Losada e Pardo de Figueroa , xefe de palacio durante o reinado de Isabel II. O seu primoxénito foi o XIII conde de Maceda, Xosé de Losada e Miranda e os seus dereitos pasaron ao seu irmán Baltasar quen á súa vez deixou o título ao seu fillo Baltasar de Losada e Torres . Beatriz de Losada e Ozores , a filla deste último, herdou o condado en 1951 e en 1970, a súa filla Lucía Casani e Losada.