Mácha, Karel Hynek

Mácha, Karel Hynek

Escritor checo. Nos primeiros tempos recibiu as influencias das literaturas inglesa e polaca. Superou rapidamente o sentimentalismo romántico e a poesía histórico-patriótica e elexíaca, e cultivou poesía romántica metafísica e cósmica. Máj (Maio, 1836), obra lírico-épica, moi persoal no tratamento e no estilo, está considerada como a súa obra mestra. A súa novela máis destacada é Cikáni (Os xitanos, 1835). Postumamente, editáronse as súas cartas e diarios en Dílo Karla Hynka Máchy (1950).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Praga

  • Deceso

    Lugar : Litomerice, Bohemia