Machu-Pichu
Machu-Pichu
Antiga cidade fortificada inca, situada na cima dunha montaña dos Andes peruanos. O seu trazado urbanístico destacou pola súa perfección, dividido en diferentes barrios, cunhas construcións basicamente prácticas excepto o palacio real. Tiña un carácter defensivo. As ladeiras da cidade foron aproveitadas para o cultivo en terrazas escalonadas. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1983).