machucadora
machucadora
(< machucar)
s
f
[TECNOL]
Máquina que se emprega para machucar pedras de 30 cm ou máis de diámetro, por medio da compresión. As primeiras constan dunha armadura de aceiro onde van montadas dúas mandíbulas, unha fixa e outra móbil, revestidas dunha aliaxe de aceiro extraduro. A mandíbula móbil mediante un movemento alternativo desintegra as pedras. Para producións elevadas empréganse as machucadoras xiratorias, formadas por unha carcasa troncocónica dentro da que se move outra peza, tamén troncocónica, cun movemento de precisión, que comprime as pedras contra a parede interior da carcasa.