macizo -za
macizo -za
(< lat massa)
-
adx
Que ten unha estrutura sólida e compacta, sen ocos nin baleiros.
Ex: Ese soldadiño de xoguete é de chumbo macizo.
-
adx
Que ten unha fisionomía rexa, forte e compacta.
Ex: Era un home alto e macizo.
-
s
m
[XEOG]
Conxunto de montañas uniformes e dunha altitude moderada que están formadas por materiais antigos e duros, como rochas metamórficas, rochas cristalinas e sedimentos arrasados pola erosión, que pertencen a unha antiga serra dobrada. O relevo dun macizo pode ser modificado pola acción tectónica posterior ou pola acción da erosión diferencial.
-
s
m
Parcela de terreo nos xardíns dedicada ás flores ou plantas decorativas.
Ex: Os macizos de flores destacaban na alameda.