Macrobio/Macrobia
Macrobio/Macrobia
[ONOM]
Antropónimo que procede do nome persoal grego Makrobios, latinizado en Macrobius; e este, á súa vez, do adxectivo makrobios ‘de longa vida’, composto do adxectivo makros ‘longo’ e o substantivo bios ‘vida’. San Macrobio (s IV), mártir en Oriente, celébrase o 20 de xullo.