macrúrido -da
macrúrido -da
(< lat científico Macruronus, xénero de peixes)
-
adx
Relativo ou pertencente aos macrúridos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos macrúridos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de peixes que presentan a cabeza grosa, con ollos moi grandes, e o corpo que se vai estreitando ata converterse en longas e delgadas colas, de ata 30 cm de lonxitude. Algunhas especies viven a 900 m, aínda que existen outras que poden vivir ata 3.900 m de profundidade. OBS: Tamén se denominan colas de rata.