macrúrido -da

macrúrido -da

(< lat científico Macruronus, xénero de peixes)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos macrúridos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da familia dos macrúridos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Familia de peixes que presentan a cabeza grosa, con ollos moi grandes, e o corpo que se vai estreitando ata converterse en longas e delgadas colas, de ata 30 cm de lonxitude. Algunhas especies viven a 900 m, aínda que existen outras que poden vivir ata 3.900 m de profundidade. OBS: Tamén se denominan colas de rata.

Palabras veciñas

macrostomía | macrotermo -ma | Macrotherium | macrúrido -da | macruriforme | macruro -ra | macsura