Madīnat al-Zahrā’

Madīnat al-Zahrā’

Cidade construída entre 936 e 976 cerca de Córdoba, por ‘Abd al-Ra Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ mān III e al- Palatino; Palatino;Ḥ akam II e convertida en capital do Califato. De planta rectangular e amurallada, tiña rede de sumidoiros, auga corrente e camiños empedrados. Proxectada en socalcos, a parte alta estaba destinada a dependencias palatinas e administrativas e a inferior a vivendas, con mesquita, tendas, xardíns e incluso un parque zoolóxico. Saqueada e destruída en 1010, co afundimento do Califato iniciouse a súa expoliación. Cando Córdoba foi reconquistada (1236), ao lugar de Madīnat chamóuselle Córdoba Vella e en 1408 as ruínas foron cedidas á orde dos Xerónimos para a construción do convento de Valparaíso. A súa identificación produciuse pola publicación (1843) da obra de al-Maqāri. En 1911 comezaron as escavacións para a posterior reconstrución. Foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) ; en 1996.