madurez

madurez

(< maduro)

  1. s f

    Calidade de maduro.

    Ex: Á froita aínda lle falta algo máis de madurez.

    Sinónimos: madureza. Antónimos: inmaturidade.
  2. s f

    Etapa na vida dunha persoa en que, sen chegar a ser vello, acadou un estado de equilibrio na súa personalidade.

    Ex: Escribiu os seus mellores libros durante a madurez.

    Sinónimos: madureza.
  3. s f

    Estado de prudencia propio dunha persoa madura.

    Ex: Non actuaches coa suficiente madurez.

    Sinónimos: madureza.
  4. madurez sexual [BIOL/FISIOL]

    Etapa en que o individuo se converte en apto para a reprodución.