maduro -ra
(< lat matūru)
-
adx
[BOT]
Antónimos:
verde.
-
Que está no estado de desenvolvemento apropiado para ser comido ou recollido.
Ex: Elixiu os marmelos máis maduros para facer o doce.
Antónimos: verde. -
Que está completamente desenvolvido.
-
Aplícase ás sementes, ás esporas ou ás diásporas totalmente formadas e capaces de xerminar.
-
-
adx
-
Que alcanzou a idade de pleno desenvolvemento físico ou intelectual axeitado, entre a xuventude e a vellez.
Ex: Xa era un home maduro cando casou.
-
Que alcanzou un estado de desenvolvemento psíquico caracterizado pola sensatez e a prudencia.
Ex: Era moi madura para os seus anos.
-
Que é propio da persoa madura.
Ex: Fixo un razoamento moi maduro.
-
-
adx
Que chegou a un estado axeitado para poder ser executado.
Ex: Xa case ten maduro o proxecto para a nova casa.
-
adx
[PAT]
Que ten pus a punto de rebentar.