maduro -ra

maduro -ra

(< lat matūru)

  1. adx [BOT] Antónimos: verde.
    1. Que está no estado de desenvolvemento apropiado para ser comido ou recollido.

      Ex: Elixiu os marmelos máis maduros para facer o doce.

      Antónimos: verde.
    2. Que está completamente desenvolvido.

    3. Aplícase ás sementes, ás esporas ou ás diásporas totalmente formadas e capaces de xerminar.

  2. adx
    1. Que alcanzou a idade de pleno desenvolvemento físico ou intelectual axeitado, entre a xuventude e a vellez.

      Ex: Xa era un home maduro cando casou.

    2. Que alcanzou un estado de desenvolvemento psíquico caracterizado pola sensatez e a prudencia.

      Ex: Era moi madura para os seus anos.

    3. Que é propio da persoa madura.

      Ex: Fixo un razoamento moi maduro.

  3. adx

    Que chegou a un estado axeitado para poder ser executado.

    Ex: Xa case ten maduro o proxecto para a nova casa.

  4. adx [PAT]

    Que ten pus a punto de rebentar.

Palabras veciñas

madurés -sa | madurez | madureza | maduro -ra | Maduro Joest, Ricardo | Mae Hong Son | Maebashi