Maeloc [Maelog]
Maeloc [Maelog]
Bispo celta. Segundo a tradición chegou con outros bretóns ás costas do N de Galicia fuxindo da invasión anglosaxona. Outros estudiosos falan de que a comunidade do bispo Maeloc procedía da Bretaña francesa. Participou no I e II Concilios e de Braga (561 e 572) representando a diocese de Britonia (antecesora da de Mondoñedo).