Magdeburg
Capital do land de Saxonia-Anhalt, Alemaña, situada á esquerda do Elba (235.073 h [2000]). Reconstruída despois da Segunda Guerra Mundial, é un porto fluvial, e comunica co Rin e o baixo Oder por medio dun sistema de canles. Destaca a industria metalúrxica e de maquinaria pesada. Situada nunha fronteira (s IX) e sede dun arcebispado (962), pasou a formar parte da Hansa no s XIII. Adherida á Reforma (1524), converteuse nun ducado secular pola Paz de Westfalia (1648) anexionado despois a Prusia (1680). Despois da Segunda Guerra Mundial integrouse na República Democrática de Alemaña (RDA). Do seu patrimonio cultural destaca a Liebfrauenkirche (1019), convertida no mosteiro premostratense máis importante de Alemaña, e as igrexas románicas de Sankt Sebastian (s XII) e de Sankt Johannes. Foi a capital do bezirk homónimo da RDA.