magnetohidrodinámica
magnetohidrodinámica
(< magneto- + hidrodinámica)
s
f
[FÍS]
Parte da mecánica de fluídos que estudia o movemento dos fluídos electrizados, sometidos á acción de campos magnéticos. Hai dous temas que centran o interese da magnetohidrodinámica: a análise dos movementos de grandes masas de plasma estelar e interestelar, e a investigación de técnicas para almacenar nunha zona reducida de espazo o plasma nuclear. OBS: Tamén se denomina magnetodinámica de fluídos.